1000 boats for a dream,
1000 boats for peace.
This is our new project fo Peace. Here are the links to know the story and the tutorials to make a boat.
Silleda, 14 de xaneiro de 2015
MIL BARCOS POR UN SOÑO, MIL
BARCOS POLA PAZ.
Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade,
se constrúes mil grúas de papel. A consigna de crear grúas de papel na loita
pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima
durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, unha amiga explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel, cumprirase ese desexo que tanto anhelas.
É así como Sadako
desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por
si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou
acadalo porque faleceu moito antes de poder rematalas todas. Cando morreu só
conseguira pregar 644 e , simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa
misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras
no futuro e se conseguise a paz entre todos os países do mundo.
Desde o noso colexio, para conmemorar o Día
da Paz (30 xaneiro), decidimos cambiar as mil grúas por barcos de papel, pero cun
mesmo obxectivo, A PAZ NO MUNDO. Nesta nosa travesía gustaríanos contar con vós,
para converter o noso patio, nun mar de barcos de cores, navegando cara a PAZ.
Para iso podes elaborar o teu propio barco de papel no que apareza o teu nome e
apelidos a babor, e o teu desexo para este día a estribor, facéndonolo
chegar.
Non sabemos se con estes mil barcos,
lograremos acabar coa violencia xa! O que si
sabemos é que vale a pena…
Navegar por
un SOÑO… un SOÑO de PAZ!
Alumnos de 5º e 6º de Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario